Finalizada a segunda proba do circuito de golf Barbanza Arousa 2022 adicada ao Concello de Rianxo!!!
Ruben Garcia Romero pertencente ao Concello de Boiro, imponse na categoría Absoluta con un impresionante resultado de 5 golpes por debaixo do par do campo!
En categoría hándicap, con un magnífico resultado de 42 puntos, impuxose o boirense Gustavo Adolfo Silva Hermo!
En categoría Senior, o campión, con 39 puntos, dende o Concello de Rianxo, foi Moncho Villanustre!
Maria Jose Balayo, pertencente ao Concello de Muros, impuxose en categoría feminina alcanzando os 39 puntos!
E en categoría Junior, o campión, pertencente ao Concello de A Pobra do Caramiñal con 39 puntos, foi Simón Gómez Arnejo.
Parabéns a todos e en especial aos campions!!!!