Quen somos
Barbanza Golf é un campo de Pitch & Putt de par 54, ubicado na Rectoral de Macenda, paraxe incomparable, onde carballos centenarios, madroños, abeleiras, lagos e unha espectacular orografía do terreo o converten nun campo único en España.
En plena natureza, integrado nos montes do Barbanza e nos seus espazos verdes que favorecen o gozo do xogo ao aire libre, Barbanza Golf é un club familiar. A través da súa academia de golf, forma aos máis pequenos e pequenas da casa na modalidade de Pitch & Putt.
O profesor Diego San Román Gómez, con ampla traxectoria e experiencia, imparte clases tanto aos máis pequenos como a persoas adultas que queiran iniciarse no emocionante mundo deportivo do Golf.

As nosas instalacións
- Casa Club
- Putting Green
- 2 percorridos de xogo
- Áreas de descanso
- Tenda deportiva
- Aluguer de material
- Cafetaría
- Vestiarios
- Profesor profesional
- Campo de prácticas
18 buratos considerados dos máis espectaculares dentro do Pitch and Putt.
Forma parte da nosa gran familia
Non perdas a oportunidade de formar parte da familia do Pitch & Putt e faite socio agora.
Pitch&putt
Que é o Pitch & Putt?
O Pitch & Putt é unha modalidade do Golf tradicional, que ten como obxectivo xogar o campo ou percorrido de 18 buratos, desde o lugar de saída ata introducila no burato, no menor número de golpes posible, respectando as regras do xogo.
O pitch & putt desenvólvese en campos de buratos par 3, é dicir, deseñados para xogalos en 3 golpes. A suma do par dos 18 buratos dános un total de par 54, o que se considera o par do campo. Polo tanto, se un xogador xoga todo o campo en 60 golpes, faría + 6 respecto ao par do campo e se un xogador xoga o campo, por exemplo, en 50 golpes, entón faría - 4 respecto ao par do campo. Posúe características que o fan identificable ante o golf tradicional:
Buratos máis curtos
No pitch & putt os buratos teñen unha distancia entre 40 e 120 metros e o máximo para todo o percorrido é de 1600 metros, o que xera un gasto en mantemento do campo moito menor que un campo de golf tradicional.
Ao tratarse de fincas ou espazos con moitas menos hectáreas, é posible que a súa localización estea máis próxima a núcleos urbanos ou incluso dentro deles.
Menos paos
Xógase cun menor número de paos, xa que carece de paos para distancias longas. Un xogo de paos de pitch & putt consta de: un SW, un PW, un ferro 9, un ferro 8, un ferro 7 e un putt para xogar no green ou nos arredores.
Sen embargo, os xogadores e xogadoras que polas súas características xeneren moi pouca velocidade na cabeza do pao de golf, deben engadir á bolsa algún outro pao que lles proporcione máis distancia, como un ferro 5, un híbrido ou unha madeira. A estes paos engadímoslles unha bolsiña non moi grande, xa que non é necesario levar moito equipamento.
Xogar os 18 buratos dun percorrido de pitch & putt pode levarnos entre 1 hora e 1/2 e 2 horas, como máximo, mentres que xogar un percorrido de golf tradicional pode levarnos 3 horas e 1/2 ou 4 horas xogando moi lentos.
Tees e greens máis pequenos
Os tees de saída (onde se inicia o xogo de cada burato) son pequenas esteiras ou moquetas artificiais, en vez de amplas plataformas de herba natural propias dos campos tradicionais.
O green (a zona máis segada onde está situado o burato e a bandeira) é tamén máis pequeno, aproximadamente a metade do que pode medir un green nun campo de golf tradicional.

