Academia

Escola e clases

Escola infantil

Un profesor titulado pola Real Federación Española de Golf encargarase de ensinar aos teus fillos a modalidade do golf, o Pitch & Putt. Poden inscribirse nenos e nenas de 6 a 12 anos e adolescentes de 13 a 18 anos.

Xuntos compartirán momentos únicos en plena natureza, desde o nivel de iniciación ata o hándicap máis baixo. Infórmate dos horarios e deixa que os máis pequenos se inicien e gocen do Pitch & Putt.

Clases e cursos

Para os máis maiores, Barbanza Golf ofrece un servizo completo de Pitch & Putt: iniciación, clases avanzadas e todos os aspectos básicos para introducirte nesta modalidade do golf.

Dirixido aos amantes da natureza que queiran practicar deporte ao aire libre. A localización é perfecta para desconectar e estar en contacto coa contorna.

Diego San Román Gómez, profesor de Barbanza Golf
O teu profesor

Diego San Román Gómez

Profesional acreditado pola Real Federación Española de Golf, comezou a súa traxectoria no Real Aeroclub de Vigo e continuou esta labor durante máis de vinte anos en campos de Galicia, Madrid e Castela e León.

En marzo de 2023 comeza un novo proxecto deportivo en Barbanza Golf, seguindo o legado dos seus predecesores, Santiago Tarrío e Javier Ybarra.

Ademais dos cursos de iniciación e perfeccionamento, Diego é o director deportivo da escola infantil. As clases duran 1h30m e impártense todos os venres e sábados do ano.

Reserva as túas clases

Horario de clases

Consulta os horarios dispoñibles e reserva con Diego, Sonia ou Rocío.

Reservas: Diego 649 89 94 99 · Sonia 651 17 29 46 · Rocío 676 28 54 38

Reservar unha clase

Clases de golf: horarios dispoñibles e teléfonos de reserva

Tarifas

Abono turista e abono estándar
Escola infantilCon cota familiar
1º fillo: 20€/mes
2º fillo: 10€/mes
3º ou máis: GRATIS
Clases de perfeccionamento1 ou 2 abonados: 20€ (1 hora) / 12€ (30 min)
Bono 4 clases: 40€ (clases de 45 minutos)
Abono premium
Escola infantil1º fillo: 20€/mes
2º fillo: 10€/mes
3º ou máis: GRATIS
Clases de perfeccionamento1 ou 2 abonados: 20€ (1 hora) / 12€ (30 min)
Bono 4 clases: 40€ (clases de 45 minutos)
Clientes non socios
Escola infantilSó abonados
Clases de perfeccionamento1 ou 2 clientes: 25€ (1 hora) / 15€ (30 min)
Bono 4 clases: 60€ (clases de 45 minutos)

Semana de golf

As Semanas do Golf son un programa para nenos e nenas de 5 a 16 anos que queren iniciarse ou mellorar as súas habilidades: quecemento, técnica de swing e putt, saída ao campo, comida en grupo co profesor e torneo final o venres.

Prazas limitadas por orde de inscrición. Consulta datas e prezos da próxima edición no club: 651 172 946.

Cartel das Semanas do Golf 2025
Cartel da edición 2025