Pitch & Putt · Boiro, A Coruña

Golf en plena natureza

Un campo único en España, entre carballos centenarios, lagos e unha orografía espectacular. Para xogar en familia, aprender ou competir.

54Par do campo
18Buratos
2Percorridos de xogo
Pitch & Putt · Boiro, A Coruña
Golf en plena natureza

Un campo único en España, entre carballos centenarios, lagos e unha orografía espectacular. Para xogar en familia, aprender ou competir.

54Par do campo
18Buratos
2Percorridos de xogo

Próximos torneos

Consulta o calendario e inscríbete nun clic.

Ver todos os torneos

Últimas novas

Todo o que acontece no club.

XI COPA LAR BLANCO

Cocoswing team, campión da xi copa lar blanco eleuterio balayo, campión da 1ª categoría da xi copa lar blanco gran…

HORARIO DO 12 DE OUTUBRO

O próximo luns, 12 de outubro, celebrarase a ‘Copa Lar Blanco‘ en Barbanza Golf, con horas de saída a partir…

IV ED. TORNEO SPASINHO

 ¡QUÉ GRAN FIN DE SEMANA HEMOS VIVIDO EN BARBANZA GOLF! Poñemos punto final a IV Edición do Torneo Spasinho, unha…

RYDER 2026

BARBANZA PITCH, CAMPEÓN DA NOSA RYDER Este fin de semana celebramos a primeira edición da nosa Ryder, unha competición creada…

Ver todas as novas

O club

Barbanza Golf

Barbanza Golf é un campo de Pitch & Putt de par 54, ubicado na Rectoral de Macenda, paraxe incomparable, onde carballos centenarios, madroños, abeleiras, lagos e unha espectacular orografía do terreno, o convirten nun campo único en España.

En plena natureza, integrado nos montes do Barbanza e os seus espazos verdes que favorecen o gozo do xogo ao aire libre, Barbanza Golf é un clube familiar. A través da súa academia de golf, forma aos máis pequenos e pequenas da casa na modalidade de Pitch & Putt.

O profesor Diego San Román, con ampla traxectoria e experiencia, imparte clases tanto aos máis pequenos como a persoas adultas que queiran iniciarse no emocionante mundo deportivo do Golf.

As nosas instalacións contan con Casa Club, Putting Green, 2 percorridos de xogo, áreas de descanso, tenda deportiva, aluguer de material, cafetaría, vestiarios, profesor profesional, campo de prácticas e 18 buratos considerados dos máis espectaculares dentro do Pitch and Putt.

Non perdas a oportunidade de formar parte da nosa gran familia do Pitch & Putt e faite abonado agora.
Descarga o noso FOLLETO INFORMATIVO

Academia de golf

Aprende cun profesor titulado, ao teu ritmo e nun contorno inmellorable.

Escola infantil

Un profesor titulado pola Real Federación Española de Golf encargarase de ensinar aos teus fillos a modalidade do golf, o Pitch & Putt. Poden inscribirse nenos e nenas de 6 a 12 anos e adolescentes de 13 a 18 anos. Xuntos compartirán momentos únicos en plena natureza, desde o nivel de iniciación ata o hándicap máis baixo.

Infórmate dos horarios e deixa que os máis pequenos se inicien e gocen do Pitch & Putt.

Clases e cursos

Para os máis maiores, Barbanza Golf ofrece un servizo completo de Pitch & Putt para iniciados/as, clases avanzadas e todos os aspectos básicos para introducirte nesta modalidade do golf.

Dirixido aos amantes da natureza que gusten de practicar deporte ao aire libre, ofrecémosche a oportunidade de coñecer o Pitch & Putt. A localización, ademais, é perfecta para quen queira desconectar e estar en contacto coa natureza.

Máis información

Diego San Román Gómez, profesor de Barbanza Golf
O teu profesor

Diego San Román Gómez

Profesional acreditado pola Real Federación Española de Golf, comezou a súa traxectoria no Real Aeroclub de Vigo e continuou esta labor durante máis de vinte anos en campos de Galicia, Madrid e Castela e León.

En marzo de 2023 comeza un novo proxecto deportivo en Barbanza Golf, seguindo o legado dos seus predecesores, Santiago Tarrío e Javier Ybarra.

Ademais dos cursos de iniciación e perfeccionamento, Diego é o director deportivo da escola infantil. As clases duran 1h30m e impártense todos os venres e sábados do ano.

Galería

Unha ollada ao campo e á vida do club.

Vista panorámica del campo de Barbanza Golf
Ver máis fotos
Escola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilEscola infantilTorneosTorneosTorneos

Listo para xogar?

Reserva a túa saída ou faite abonado e goza do Pitch & Putt todo o ano.