Un dos días máis importantes para a nosa escola municipal de deportes, Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, chegou ao seu fin.
Tras un ano de traballo duro e preparación, os nosos alumnos sen dúbida deixaron a súa pegada, e este mércores a ‘Onda Verde’ chegou a Betanzos, ao Paderne Golf Club, para competir no Campionato Galego Xuvenil de Pitch & Putt, demostrando o seu progreso en todos os aspectos: disciplina, concentración, respecto, amizade e o seu excelente xogo. Os nosos mozos competiron ata o final, acadando un título de campión e un segundo posto!!!
Fernando Agrelo – Campión Galego Cadete
Antón Gómez: Subcampión Galego Cadete
Para rematar o día, todos os alumnos e pais desfrutaron dunha agradable comida e dunha marabillosa compañía en A taberna do Vimieiro, onde sempre nos tratan tan ben.
Parabéns a todos!!!
Moitas grazas a Diego San Román polo gran traballo que fas día tras día!!!!!!!!

