LIGA XUVENIL GALEGA 2023

18 Dec 2023Noticias

Campións de equipo da Liga Xuvenil Galega!!!
Onte pechouse a Liga Galega Xuvenil de Pitch and Putt no marabilloso Paderne Golf Club, e a nosa escola municipal de deportes, Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, proclamouse campioa por equipos entre moitos outros premios.
Estamos moi orgullosos de todos vós, non só por gañar o campionato, senón polo que sodes, algo que valoramos máis que calquera título que xamais gañemos. É unha ledicia vervos a todos polos campos de Galicia, xuntos coma un só equipo, independentemente dos resultados. Moitas grazas, rapaces e rapazas, por ser como sodes!!!!
O noso agradecemento ao comité xuvenil da Federación Galega de Golf, representado por Miguel Fidalgo Calvo e José Ramón Ramos Iglesias, polo voso excelente traballo coa próxima xeración de golfistas galegos, independentemente do nivel dos xogadores – mil grazas!!!
E por último, parabéns ao noso adestrador, absolutamente brillante: grazas, Diego, por ensinar golf e inculcar valores en todos os nosos nenos, e un enorme agradecemento a todos os pais, que fan sacrificios durante todo o ano para que isto sexa posible.