Este mércores deu comezo á tan agardada Liga Infantil 2023!!!!
Unha vez máis, os nenos da nosa escola deportiva municipal, Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, non defraudaron. Con unha actitude moi positiva, bos resultados e poñendo en práctica os valores que este deporte marabilloso lles ensina – planificar estratexias e tomar decisións tácticas, mentres fortalecen a súa memoria e as súas habilidades de resolución de problemas – demostraron que o traballo en equipo, a perseveranza e o respecto son os seus maiores aliados.
Ben xogado a todos!!!!! Unha mención especial para Adriana Somoza pola súa fantástica puntuación de 47 puntos!!!!!
O vindeiro mércores terá lugar a segunda xornada do que promete ser unha liga emocionante!!
Clasificación scratch de 18 buratos
Clasificación de handicap de 18 buratos
Clasificación de handicap de 9 buratos.

