Unha vez máis, a nosa escola municipal de deportes, Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, logrou unha actuación soberbia na segunda rolda da Copa Xuvenil de Galicia, celebrada onte no Real Aero Club de Vigo 


Estamos encantados cos nosos 12 representantes, que acadaron excelentes resultados individuais e quedaron terceiros na clasificación de escolas!!!!
Cómpre facer unha mención especial ás actuacións de:
Aixa Tarrío Mato. Campioa de Cativos femininas
Leo Rey Míguez. Subcampión de Cativos masculinos
Lucas Caamaño Rodríguez. Subcampión Benjamín masculino
Parabéns a todos!!!!
Resultados e novas a través do seguinte enlace: Federación Galega de Golf

