COPA XUVENIL NO REAL AEROCLUB DE VIGO

19 Feb 2023Noticias

Unha vez máis, a nosa escola municipal de deportes, Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, logrou unha actuación soberbia na segunda rolda da Copa Xuvenil de Galicia, celebrada onte no Real Aero Club de Vigo 🏌️⛳🏆
Estamos encantados cos nosos 12 representantes, que acadaron excelentes resultados individuais e quedaron terceiros na clasificación de escolas!!!!
Cómpre facer unha mención especial ás actuacións de:
Aixa Tarrío Mato. Campioa de Cativos femininas
Leo Rey Míguez. Subcampión de Cativos masculinos
Lucas Caamaño Rodríguez. Subcampión Benjamín masculino
Parabéns a todos!!!!
Resultados e novas a través do seguinte enlace: Federación Galega de Golf