Despois da primeira proba do circuíto de golf Barbanza Arousa Arousa 2021 adicado ao Concello da Pobra do Caramiñal, gran participación na 5a edición do circuito !!!!
Patolas Cortés, pertencente ao Concello de Boiro, imponse na categoría Absoluta cun impresionante resultado de 7 golpes por debaixo da par en campo seguido de 3 golpes de Marcos Janeiro Rey e Luis Rodriguez Figueroa dos Concellos de Dodro e Noia.
O campión na categoría de Handicap foi Francisco Lorenzo Díaz pertencente ao Concello de Oroso cun gran resultado de 43 puntos.
Na categoría Sénior, o campión, con 40 puntos, do Concello de Rianxo foi Jose Tarrío Cespon, empatando a puntos co boirense Jose Rivera Rodriguez.
Na categoría Feminina, pertencente ao Concello de Muros, a vitoria foi para Maria Balayo con outro gran resultado de 42 puntos.
Na categoría Junior, con 42 puntos, o pequeno Martín Silva do Concello de Boiro foi o campión.
Parabéns! todos e sobre todo os campións!!!!
A vindeira proba celebrarase esta fin de semana e estará adicada ao Concello de Boiro !!!
Inscrición aberta ata este xoves!!!!!
Moitas grazas a todos os xogadores e ao Barbanza Arousa por patrocinar este gran circuito!!!!!
Para ver as clasificacións premer aquí: