Esta ponte, cun tempo complicado, xogamos a final da liga de parellas 📣📣📣
Os 32 mellores xogadores da liga tiveron que dar ata 4 voltas ao campo para coñecer aos campións desta edición, en dúas xornadas, onde a deportividade e o compañeirismo están sempre presentes.
Grazas a todos os participantes que o fan posible, grazas á alta participación ao longo do ano, puido disputarse a final con comida, sen custo para os xogadores e repartir un gran número de premios 🎁😍
Parabéns a todos os participantes e como non, aos campións!!!!