Rematou a 6ª edición dun dos torneos máis esperados do ano 🏌⛳, o torneo de Nadal Concello de Boiro. A competición comezou con moitos nervios, todos os xogadores quixeron levar pra casa estas marabillosas cestas de Distribucións Eleuterio Balayo🎁🎁.
Estamos moi agradecidos, tanto polo número de xogadores que participaron, 114, como polo noso concello, o alcalde José Ramón Romero García, a concelleira de deportes Dores Torrado Ares e o concelleiro Marcos Fajardo Outeiral. Moitas grazas pola vosa confianza na celebración deste evento!!!!!
Na categoría absoluta a gloria foi para o pequeno Simón Gómez, cun espectacular resultado de -5, na 2ª posición, cun resultado de -3, o vencedor foi Manuel Pena, completando o podio, cos mesmos golpes, Jorge Docabo 👏 👏 👏.
Na categoría de hándicap, cun resultado impresionante, o vencedor foi Damián Eiras, seguido de Manuel Godón e ocupando o 3º posto Antón Gómez 👏👏👏.
En categoría Sénior, gran vitoria de Marcos Fernández 👏👏👏.
Na categoría feminina a gloria foi para Begoña Urgoiti👏👏👏.
E na categoría Junior, o gran triunfador foi Javier Pola Balayo!👏👏👏.
Parabéns a todos e en especial aos gañadores!!!
Véxase as clasificacións: