O 3º Galicia International Open, celebrado en Barbanza Golf, chegou ao seu fin!!!
Foi unha competición moi reñida ata o último burato, onde o noso propio Ruben Garcia Romero, do Concello de Boiro, finalmente se fixo coa vitoria, cun só golpe de vantaxe sobre Hugo Espirito Santo, o subcampión do Open.
Houbo un empate polo terceiro e cuarto posto entre Dani Fuentes e Alejandro Blanco, que se resolveu a favor do primeiro pola súa mellor rolda final.
E no quinto posto, representando ao Concello de Noia, José Manuel Caamaño Castro asegurou esta loábel posición!!!
En canto ás categorías por idade, queremos destacar os excelentes resultados acadados por todos os nenos da nosa escola deportiva municipal, a Rianxeira Jealsa do Concello de Boiro:
– Martin Docabo, campión de primeira categoría
– Martin Silva, campión na segunda categoría
– Clara Campos, subcampioa na categoría feminina
– Álvaro Cobas, subcampión xuvenil
Ben feito, campións!!!!
E, por suposto, o resto dos campións:
– Pablo Taboada, subcampión de primeira categoría.
– Ana Fernández Blanco, subcampioa feminina.
– Jorge Rodriguez Sarmiento, campión sénior.
– Gustavo Mosquera, subcampión sénior.
– Elena Isorna, campioa feminina.
– David Rodriguez, campión xuvenil
Un enorme agradecemento a todos por este fantástico fin de semana, e un agradecemento especial aos nosos patrocinadores: uttap_3.catorce, Concello de Boiro e Barbanza Arousa.
Moitas grazas a Rebeca Ozores Nine, María Outeiral, Luis Ruiz e Víctor Rodríguez Casar.





























