Este sábado tivo lugar a Gran Final da 10ª edición da Liga de Empresas, na que participaron 18 equipos formados por 140 xogadores ao longo de nove xornadas de xogo, celebradas nos campos de golf Compostela Golf – Pitch & Putt e Barbanza Golf; foi un auténtico pracer compartir esta marabillosa experiencia con todos vós.
Como sempre, o ambiente foi inigualable e, tras dúas horas nas que todos os participantes deron o mellor de si, puidemos gozar dunha fantástica festa, con agasallos e grandes premios para os mellores de cada categoría, no restaurante Abadía de San Enrique.
En ton persoal, gustaríame agradecer de todo corazón ao noso amigo Miguel, que regalou unha camiseta polo conmemorativa do evento a todos os participantes; ao DJ Matthew, que debutou con nós; a Distribuciones Eleuterio Balayo; e a todas as persoas que nos apoiaron ao longo da liga.
No plano deportivo, parabéns a todos e especialmente aos campións 


<img id="5"/>
Agardamos que todos o desfrutasen e nos veremos na próxima edición!!!
Adxúntanse a lista de honras e as fotos da cerimonia de entrega de premios.
Un enorme agradecemento a todos!!!!

