E o domingo celebrouse a final da Galicia Junior Cup no fantástico campo do Real Club de Golf La Toja.
Parabéns a todos os nosos xogadores e xogadoras da Escola Municipal de Deportes Concello de Boiro Rianxeira JEALSA.
Subimos ao podio, rematando en segundo lugar entre os colexios galegos. Estamos moi orgullosos de todos vós!!!
Parabéns ao Real Aeroclub de Santiago de Compostela polo seu excelente resultado!!!
Parabéns ao noso adestrador Diego San Román e, por suposto, a todos os pais e nais. Grazas polo voso compromiso co club!!!!!
Queremos destacar o excelente traballo do comité xuvenil da Federación Galega de Golf, liderado por Miguel Fidalgo Calvo e Juan Agrasar, polo seu gran compromiso cos xogadores máis novos e, en particular, por esta competición dirixida a promover o golf entre os máis pequenos. Moitas grazas.
Por último, as nosas máis sinceras felicitacións a todos os nosos alumnos polo pracer que supón acompañarvos a calquera evento deportivo; é unha ledicia vervos – a vosa compostura e compromiso co voso colexio van moito máis alá de calquera resultado deportivo.

