Onte tivo lugar un marabilloso torneo de pais e fillos en Barbanza Golf!!!
É unha ledicia ver arredor de cen xogadores gozando dun gran día de competición, camaradería e emoción.
En nome do club, gustaríanos agradecer a todos os membros desta gran familia polo seu apoio constante durante todo o ano, e a todos os xogadores que onte viaxaron ata aquí dende toda Galicia para unirse a nós neste día tan especial. Moitas grazas!!!
No eido deportivo, houbo grandes resultados:
Categoría aberta:
– Campións: Luis Rodriguez Figueroa / Martín Docabo
– Subcampións: Jacobo Agrelo/Fernando Agrelo
– 3º posto: Pedro Victorio Barravecchia/Juan Victorio Barravecchia
Categoría de handicap:
– Campións: Rubén García Romero/ Xela García
– Subcampións: José Manuel Vidal/ Oliver Torres
– Terceiro posto: Sebastián Franco/Beltrán Franco
Parabéns a todos 


Os resultados pódense atopar no seguinte enlace:

