ÚLTIMA PROBA A BARBANZA 2025

7 Mai 2025Noticias

Este xoves arrancamos o día coa final da Race to Barbanza, onde os 32 finalistas se xuntaron para un dos eventos máis agardados, que, grazas á participación dos xogadores durante 20 semanas, resultou ser un dos mellores días de compañeirismo e competición de todo o ano. Un enorme agradecemento a todas as persoas que fan isto posible!!!
No eido deportivo, houbo grandes resultados (ver a lista de honra). Noraboa a todos e unha mención especial ao noso neno de 8 anos, Leo Rey, da escola deportiva municipal Concello de Boiro Rianxeira Jealsa, que foi coronado campión da cuarta categoría!!!!