Este sábado celebrouse en Barbanza Golf a III Ryder da federación galega de golf, poñendo o broche final á tempada federativa do pitch and putt galego.
Un pracer acoller esta proba, tan divertida, festiva e social, agradecendo a todo o persoal da federación que o fan posible.
A maiores da competición, tivemos un momento moi emotivo, cando se procedíu á homenaxe a dous xogadores de noso clube, Moncho Ces Castaño e Peregrino Filgueira Guerrero, aos que a Federación, da man de Marcos Gómez e Simón Varela, lles entregaron sendas metopas en agradecemento pola sua dedicación e amor a este deporte.
Agradecer a tod@s @s xogador@s a súa presenza, ao personal da federación, Elena, Marcos, Simón e Antonio, desexando que disfrutárades dunha agradable xornada.