Maravilloso fin de semá de competición en Barbanza Golf coa celebración da X ed. Torneo de Nadal Concello de Boiro 🏌⛳.
Un evento que nunca defrauda onde os xogadores queren levarse para a casa unha das maravillosas cestas de Distribuciones Eleuterio Balayo.
Moitísimas grazas a todos, xa que a pesar das malas previsións meteorolóxicas, logramos alcanzar os 125 participantes!!!!!
E como sempre, moitas grazas ao noso concello, pola súa aposta constante co deporte local, así como ao noso concejal de deportes, Marcos Fajardo Outeiral, que nos acompañóu na entrega de premios. Moitas grazas pola vosa confianza na celebración de este evento tan importante para o clube!!!!!
No deportivo, os resultados foron moi igualados, consulta o seguinte enlace para ver as clasificacións absoluta, de primera, segunda e terceira categoría:
Parabéns a todos e en especial aos gañadores!!!