TORNEO PAIS E FILLOS 2026

9 Xan 2026Noticias

Que xeito tan marabilloso de comezar o ano co Torneo dos Reis Magos de Pais e Fillos 🥰🥰🥰
É un pracer ver máis de cen xogadores gozando dun fantástico día de competición, camaradería e emoción.
En nome do club, queremos agradecer a todos os membros desta gran familia o seu apoio constante durante todo o ano, e a todos os xogadores que viaxaron de toda Galicia para xuntarse connosco nun fin de semana moi especial. Moitas grazas!!!
Grazas á Federación Galega de Golf, que, a través de Mario Covelo e Marcos Gómez – que estiveron onte presentes no torneo e na cerimonia de entrega de premios – demostrou o seu apoio e compromiso co pitch and putt!!!
No plano deportivo, houbo grandes resultados: parabéns a todos 🏌️⛳👨‍👩‍👦‍👦
Os resultados pódense consultar na seguinte ligazón: