CAMPIONATO INTERCLUBES ESPAÑA 2026

16 Nov 2026Noticias

🏆 ⛳ BARBANZA GOLF, UN DOS MELLORES CLUBES DE ESPAÑA! 🇪🇸
Este fin de semana, 14 e 15 de novembro, celebrouse no Abedul Golf, en Alcázar de San Juan (Ciudad Real), o Campionato Interclubes de Pitch & Putt de España 2026, onde o noso equipo demostrou unha vez máis o alto nivel de golf en Barbanza.
💪 ¡UN MAGNÍFICO 4.º POSTO NO CAMPIONATO ESPAÑOL!
Os nosos representantes ofreceron unha actuación soberbia, rematando con 370 golpes, empatados co terceiro clasificado, o Real Club de Campo Villa de Madrid, e quedáronlle moi preto de subir ao podio.
👏 Os xogadores clave detrás deste magnífico resultado foron:
🏌️ Antón Gómez Arnejo
🏌️ Fernando Agrelo Pérez
🏌️ Simón Gómez Arnejo
Un equipo extraordinario que nos permitiu situarnos entre os mellores clubes de España e que nos enche de orgullo.
NOVO EQUIPAMENTO DE 👕, NOVO ASPECTO!
Este campionato tamén foi unha ocasión especial para presentar o novo equipamento oficial de Barbanza Golf, da prestixiosa marca deportiva Macron. 🔵⚪
Un aspecto renovado co que os nosos xogadores representan o club tanto dentro como fóra do campo, lucindo con orgullo as cores de Barbanza Golf por toda España.
💚 En nome do club, queremos felicitar e agradecer aos nosos catro representantes o seu esforzo, compromiso e magnífica actuación.
Tamén queremos felicitar ao Paderne Golf Club, que acadou un brillante segundo posto no Campionato de España, e ao Golf Aldeamayor, os campións do torneo deste ano.