Finalizado un gran ano de competición en Barbanza Golf!!!!
Este domingo, coa disputa da 4ª proba do circuito Barbanza Arousa adicada ao Concello de Ribeira, dábamos por finalizado un ano de competicións do que non podemos estar máis orgullosos.
Cerca de 400 tarxetas xogadas nas 4 probas do circuito e 292 xogador@s participantes na Orden de mérito do clube, fixeron de este 2025 un ano para recordar, y danos moita forza para seguir traballando neste 2026!!!!
Moito que agradecer a todos, xogadores, patrocinadores, pais e nais, gobernos locales….. mil grazas a tod@s.
Na entrega de premios tivemos o placer de contar con autoridades dos concellos e da gerente de Barbanza Arousa Fátima Cachafeiro, o alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal Jose Carlos Vidal Suarez, o noso concelleiro de deportes do Concello de Boiro Marcos Fajardo Outeiral e o concelleiro do Concello de Ribeira Ramon Doval Sampedro.
Unha entrega de premios como esta, non sería o mesmo sen os nosos amigos Javier Pola Ponte e María Balayo, de Distribuciones Eleuterio Balayo, do DJ de moda en Boiro, matthewjsound, e da fotógrafa do clube Naty Montoiro Gomez, moitas grazas polo día de onte, do que puidemos disfrutar tod@s.
E por suposto darlle os Parabéns aos gañador@s
Enlace coas clasificacions do circuito:
Enlace clasificacions Orden de Mérito 2025:

