A cuarta rolda do ránking galego de pitch and putt, celebrada en Barbanza Golf, chegou ao seu fin cunha gran asistencia e un ambiente fantástico.
En nome do club, gustaríanos agradecer a todos os participantes pola súa asistencia e esperamos que gozásedes do fin de semana.
No plano deportivo, houbo resultados excelentes, destacando a extraordinaria rolda de Simón Gómez Arnejo – que incluíu un récord do campo – ao rematar 11 abaixo do par 

. No segundo posto, con outro resultado soberbio, Fernando Agrelo Pérez anotou 48 golpes (6 abaixo do par).
Na clasificación de hándicap, David Montero Colon anotou 49 golpes, e Antón Gómez Arnejo anotou 50 golpes!!!! Parabéns.

