Rematou a terceira proba do circuíto de golf Barbanza Arousa 2021 dedicada ao Concello de Rianxo !!!!
Jorge Docabo Villanuestre, pertencente ao Concello de Rianxo, imponse na categoría Absoluta cun gran resultado de 2 golpes por debaixo da media para o campo.
O campión na categoría de Handicap, pertencente ao Concello de Boiro, foi Jesús Lojo Alcalde cun gran resultado de 40 puntos.
Na categoría Sénior o campión, con 39 puntos, foi o tamén boirense Rafael Arufe Rodríguez.
Na categoría Feminina, pertencente ao Concello de Boiro, a pequena Marta Vázquez repetiu triunfo con 38 puntos.
Na categoría Júnior, a campioa, con 35 puntos, foi Clara Agrelo, repetida polo Concello de Boiro.
Parabéns! todos e sobre todo os campións!!!!
A vindeira proba será a final do circuito, celebrarase do 17 ao 19 de decembro e estará adicada ao Concello de Ribeira !!!
Moitas grazas a todos os xogadores e ao Barbanza Arousa por patrocinar este gran circuito!!!!